A Palloza. Dos castros á arquitectura da pizarra nas serras galegas | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

A Palloza. Dos castros á arquitectura da pizarra nas serras galegas

Descrición

Reportaxe (22´ 39´´), con guión de Pedro de Llano, centrada na palloza como exemplo de arquitectura popular galega. Faise un percorrido polas características e usos desta edificación desde a cultura castrexa, na época prerromana, ata a actualidade, onde as pallozas seguen a ter presenza nas serras galegas. Trátase do segundo capítulo dunha serie de cinco vídeos sobre a arquitectura popular en Galicia deseñados para o alumnado de educación secundaria no marco do Proxecto Terra, que promove o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
22 minutos e 39 segundos
Entidades
Creación: Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
Etiquetas
Notas
Fonte: Youtube