Oculta a epidemia da obesidade un problema maior? | Vídeo. Remoto. Youtube, TED | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube, TED

Oculta a epidemia da obesidade un problema maior?

Peter Attia (autoría)

Descrición

Vídeo de TED (15´ 58´´) no que o cirurxián Peter Attia explica como, a partir da súa práctica médica e da propia experiencia vital, se preocupou por entender mellor a relación entre a obesidade e a resistencia á insulina. A conclusión á que chegou é que, ao contrario do que acostuma a pensarse, pode que a obesidade non sexa a causa da diabetes, senón que é probable que o aumento de peso en determinadas persoas sexa unha resposta metabólica á resistencia á  insulina, o que estaría agochando un problema maior.

Tradución de Alicia Ferreiro.

Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube, TED
Etiquetas
Notas
Fonte: TED