Resistencia á colistina en cepas de E. coli de orixe porcina / Vídeo. Remoto. Youtube/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Proxector

Material

Proxector
Zoonoses: ameazas diversas para unha saúde única

Resistencia á colistina en cepas de E. coli de orixe porcina

Descrición
A resistencia a antibióticos é un dos meirandes problemas de saúde pública, xa que moitas das cepas multirresistentes íllanse en animais de produción e poden transmitirse ó ser humano a través  da cadea alimentaria.
Nesta charla do DivulgaTerra 2017 (9´ 53´´) Isidro García Meniño explícanos como en 2016 se descubriu que algúns tipos de E. coli posúen un xene (mcr-1) que lles confire resistencia á colistina (un dos antibióticos que se empregan en medicina humana para tratar infeccións complicadas con cepas multirresistentes, e tamén é moi usado en produción porcina). A súa investigación consistiu en testar a prevalencia dese xene nun grupo de cepas de E. coli de orixe porcina.
Metadatos