Herbas boas contra malas herbas / Vídeo. Remoto. Youtube/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Proxector

Material

Proxector
De que nos falan as plantas?

Herbas boas contra malas herbas

Descrición
Antonio Rigueiro cóntanos nesta charla divulgativa (13´ 21´´), presentada no DivulgaTerra 2017, como despois de anos controlando a flora das paredes da muralla romana de Lugo con sistemas mecánicos, físicos e químicos, decidiron investigar tratamentos con menores implicacións ambientais. Para iso, probaron no laboratorio produtos naturais derivados de plantas aromáticas para intentar inhibir a xerminación de sementes de Parietaria judaica L., a especie máis abundante e de control máis difícil. En paralelo, estudaron o posible efecto destes produtos naturais como inhibidores da xerminación de malas herbas dos cultivos agrícolas, co fin de recomendalos como herbicidas naturais para a agricultura ecolóxica.
Metadatos