Encrobas: a ceo aberto | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Encrobas: a ceo aberto

Descrición

Documental (64') que aborda o conflito que durante a década de 1970 enfrontou á veciñanza das Encrobas (Cerceda) cos poderes públicos por causa da expropiación das terras dos primeiros para a explotación das minas de lignito e para a instalación da central térmica de Meirama, propiedade de Unión Fenosa.

O centro do documental é a imaxe e a palabra das persoas que foron protagonistas daquel conflito, unhas persoas que sofren o mal irreversible de "perder o seu pasado".

Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
64 minutos
Notas
Fonte: Youtube