As pedras de San Lourenzo | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

As pedras de San Lourenzo

Xurxo Ayán Vila (autoría) · Soledad Felloza (autoría) · Manuel Gago (autoría)
Descrición

Vídeo documental (31' 14'') no que se presenta o traballo do proxecto arqueolóxico de San Lourenzo, na parroquia de Cereixa (A Pobra de Brollón). Trátase dun proxecto plurianual que ten como primeiros obxectivos a recuperación do castro de San Lourenzo, un castro mineiro romano de hai 2000 anos dedicado á explotación do ouro e do ferro existentes na súa contorna; a exhumación da antiga capela de san Lourenzo e a recuperación de tradicións vinculadas a estes dous lugares, como a de "mollarlle os pés ao Santo"; e tamén a escavación dunha vivenda que serviu de acobillo aos guerrilleiros antifranquistas a finais da década de 1940.

Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
31 minutos e 14 segundos
Notas
Fonte: Youtube