As galletas do Prestige | Vídeo. Remoto. Youtube, TED | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube, TED

As galletas do Prestige

Descrición

María Loureiro, profesora Departamento de Fundamentos de Análise Económica da Universidade de Santiago fálanos neste vídeo (17' 34'') da catástrofe do Prestige, e do proceso de valoración económica dos custos sociais derivados do seu afundimento.

Esta valoración, que nunha estimación feita á baixa chegou aos 4.328 millóns de euros, realizouse cun tratamento novidoso que incorporaba intanxibles cos que se intentaba reflectir mellor a verdadeira magnitude do accidente, e o amplo abano de intereses prexudicados, que moitas veces non se computan neste tipo de traballos.

Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube, TED
Medidas
17 minutos e 34 segundos
Notas
Fonte: Youtube