Carta de Seoane a García Sabell. 1959 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de Seoane a García Sabell. 1959

Domingo García-Sabell (Destinatario/a) · Rafael Dieste (Mencionado/a) · Maruxa Seoane (Mencionado/a) · Elena Tormo (Mencionado/a) · Luís Seoane (Remitente)
24/04/1959
Buenos Aires, 24 de avril (sic) de 1959

Sr. D.
Domingo García Sabell
Santiago de Compostela.

Querido Domingo:

Somentes unhas liñas pra acompañar iste envío. Vai o aviso de Citania, a colaboración de Dieste e duas fotos de cousas miñas. Co texto de aviso de Citania vai un diagrama pra que se orienten pra sua pubricación. Todo de presa pois istes días estou farto de traballo. Escríbeme tan pronto recibas todo. Escribireiche con mais vagar.
Saudos meus e de Maruxa pra Elena e pra tí, saudos a todos, e unha aperta forte de:

Seoane.
Tipo de material
epístola
Data
24/04/1959
Entidades
Mención: Editorial Citania
Localizacións
orixe: Bos Aires
destino: Santiago de Compostela
Ficha descritiva
[Carta mecanografada]
Localización física
Fundación Luis Seoane