A sauna do Castelón de Castañoso | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

A sauna do Castelón de Castañoso

Soledad Felloza (autoría) · Manuel Gago (autoría)
Descrición En 2011 descubríronse os restos dunha sauna castrexa no castro de Castañoso (A Fonsagrada). Dado o seu bo estado de conservación e o seu valor excepcional, as administracións emprenderon traballos de escavación, consolidación e recuperación desta construción. Este vídeo divulgativo (15´ 39´´), elaborado en 2015, amosa o estado actual da sauna despois dos traballos realizados, explica a súa estrutura e apunta os usos que podía ter, amais do puramente utilitario.

Máis información sobre o estado en que foi atopada en 2011 neste apuntamento do blog Capítulo Cero.
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Entidades
Creación: Rede Consiliencia
Etiquetas
Notas
Fonte: Youtube