Ramón María Aller. Astrónomo | Ligazón. Vídeo. USC TV | Consello da Cultura Galega
Ligazón. Vídeo. USC TV

Ramón María Aller. Astrónomo

Ramón M. Aller (Mencionado/a)
Descrición Vídeo divulgativo (16´ 17´´) sobre a vida e obra do astrónomo lalinense Ramón María Aller (1878-1966). Introdutor do estudo das estrelas dobres, está considerado como unha das autoridades astronómicas españolas máis importantes do século XX, e chegou a ter tamén gran proxección internacional, sendo nomeado en 1948 membro da Comisión de Estrelas Dobres da Unión Astronómica Internacional. No eido cultural galego, foi socio activo e protector do Seminario de Estudos Galegos, entidade na que ingresou o 5 de novembro de 1928 coa lectura dun traballo sobre José Rodríguez González, o matemático do Bermés. Deixounos como legado as súas observacións e os seus estudos sobre astronomía, así como a escola e os aparellos astronómicos por el creados.
Tipo de material
Ligazón. Vídeo. USC TV
Medidas
16 minutos e 17 segundos
Entidades
Creación: Universidade de Santiago de Compostela
Notas