Carta de García Sabell a Seoane. 1959 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de García Sabell a Seoane. 1959

Luís Seoane (Destinatario/a) · Manuel Álvarez Álvarez (Mencionado/a) · Rafael Dieste (Mencionado/a) · Maruxa Seoane (Mencionado/a) · Elena Tormo (Mencionado/a) · Domingo García-Sabell (Remitente)
04/06/1959
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF
4-VI-1959
Sr. D. Luis Seoane
BUENOS AIRES

Querido Luis:

Xa fai días que recibín os materiales teus pró número galego de Ínsula. O artigo de Rafael é moi bó e as reproduciós das tuas obras sinxelamente espléndidas. Espero que a revista quede decente.

Non escribín antes porque nistes días aconteceu algo moi tráxico: a morte cáseque repentina de Manolo Alvarez Alvarez, a quen tí xa conocías e que pra min máis que un compañeiro de profesión representaba un verdadeiro irmán. Sucumbíu a unha espantosa hemorraxia cerebral que acabou con ele en poucas horas. Fai pouco máis dun mes tivera outra, leve, da que se repuxera por completo.

É unha gran perda prá meiciña galega a deste home que en plena maturidade conseguira chegar a ser un dos mellores médicos do país.

Todos estamos abraiados e sin humor pra nada. Decididamente, hay que refuxiarse no traballo pra poder superar istas mágoas.
Máis adiante escribireiche con outro vagar.

Apertas de Elena e miñas pra Maruxa. Pra ti unha moi grande de

Domingo
Tipo de material
epístola
Data
04/06/1959
Medidas
Publicacións
Localizacións
orixe: Nova York
orixe: Doutor Teixeiro, 11
destino: Bos Aires
Ficha descritiva
[Carta mecanografada con firma autógrafa e membrete:] DR. DOMINGO GARCÍA-SABELL/DR. TEIJEIRO, 11 /TELÉFONO 1330/SANTIAGO
Localización física
Fundación Luis Seoane