<cite>O fío de Penélope</cite> (2/11) [2020]: E. Vázquez Cendón explora o universo de M. J. Wonenburger no CCG [2010] | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

O fío de Penélope (2/11) [2020]: E. Vázquez Cendón explora o universo de M. J. Wonenburger no CCG [2010]

María Josefa Wonenburger (homenaxeado/a) · Elena Vázquez Cendón (presentación)
06/05/2020
Descrición Elena Vázquez Cendón, decana de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, coordinadora da Sección de Ciencia, Tecnoloxía, Natureza e Sociedade e membro do Plenario do Consello da Cultura Galega, tira do fío de María Josefa Wonenburger Planells, a segunda muller homenaxeada no ciclo coa xornada MJWP na creación de coñecemento, realizada en 2010. A súa navegación lévanos por referencias vitais que marcaron a obra da científica coruñesa como foron o gusto pola arte, o ensino das novas xeracións, a importancia da docencia ou o inxente labor das mulleres pioneiras na ciencia. Todo isto baixo o paraugas do sorriso de María que alumea o seu legado para as novas xeracións.
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Data
06/05/2020
Medidas
2 minutos e 22 segundos
Ficha descritiva
Vídeo nativo dixital