O fío de Penélope [2020]: C. Varela Orol explora o universo de O. Gallego no CCG [2011]
Descrición
Concepción Varela Orol, profesora na área de Biblioteconomía e Documentación do Departamento de Humanidades da Universidade da Coruña e membro do Corpo Facultativo de Arquivos e Bibliotecas, foi a coordinadora, xunto con Carmen Pérez Pais da xornada Olga Gallego Domínguez. Mulleres e historia, realizada en 2011. A súa navegación lévanos por referencias vitais que marcaron a súa traxectoria, a súa bibliografía, o fondo documental do Consello da Cultura e as presentacións e investigacións que ocuparon as diferentes xornadas de debate ao redor da arquivística e o patrimonio galego.