<cite>O fío de Penélope</cite> (8/11): T. López Fernández explora o universo de K March no CCG [2016] | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

O fío de Penélope (8/11): T. López Fernández explora o universo de K March no CCG [2016]

20/05/2020
Descrición Teresa López Fernández, profesora titular da área de Filoloxías Galega e Portuguesa na Universidade da Coruña e membro da Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do CCG, foi a coordinadora, xunto con Dolores Vilavedra, da xornada Kathleen March. Ler como feminista, realizada en 2016. A súa navegación lévanos por referencias que definen a traxectoria profesional de Kathleen March, a súa inmensa produción como tradutora, creadora e promotora da proxección da nosa literatura no ámbito internacional. Teresa López ofrece un suxestivo itinerario por fontes e referentes literarias e visuais, que nos leva a Rosalía de Castro, ás fotografías de Anna Turbau e Alberto Martí, á plástica de Seoane ou ás palabras de Carvalho Calero. Un convite polo feminismo, o galicianismo e o rosalianismo, pero tamén a docente comprometida co servizo á comunidade, a novelista e poeta, a creadora de fermosos libros de arte e a académica distinguida.
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Data
20/05/2020
Medidas
2 minutos e 8 segundos
Ficha descritiva
Vídeo nativo dixital