<cite>O fío de Penélope</cite> (11/11) [2020]: Iolanda Fernández Casal explora o universo de Carmela Porteiro no CCG [2019] | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

O fío de Penélope (11/11) [2020]: Iolanda Fernández Casal explora o universo de Carmela Porteiro no CCG [2019]

09/07/2020
Descrición Iolanda Casal, xornalista e integrante da Sección de Ciencia, Tecnoloxía, Natureza e Sociedade do CCG, guíanos polos mares de Carmela Porteiro Lago, a científica a quen dedicamos a xornada conmemorativa de 2019. A súa navegación lévanos por referencias que definen a traxectoria profesional de Carmela e, canda ela, a historia das científicas que se abriron camiño na investigación pesqueira alén dos laboratorios, embarcándose e dirixindo expedicións, tradicional couto de homes. O ronsel aberto por esta viguesa -tataraneta doutra muller afouta como Agustina Aboi (a primeira muller do corpo nacional de mestras por oposición de España)- permítenos lembrar o legado da oceanógrafa ferrolá Ángeles Alvariño, a viaxe pioneira de Humboldt, as cantigas mareiras, o perigo dos estragos ambientais ou a importancia dos avances tecnolóxicos e da divulgación científica.
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Data
09/07/2020
Medidas
2 minutos e 47 segundos
Ficha descritiva
Vídeo nativo dixital