Carta de Virxinia Pereira a Valentín Paz-Andrade (1954) | epistola | Consello da Cultura Galega
epistola

Carta de Virxinia Pereira a Valentín Paz-Andrade (1954)

Valentín Paz-Andrade (Destinatario/a) · Virxinia Pereira Renda (Remitente)
04/02/1954
Bos Aires, 4-02-1954
Sr. Don Valentín Paz-Andrade.
Amigo Valentín:
Sin saber quen foi o portador do seu encargo, por que como eu non estaba na casa deixoulle a encomenda a unha veciña amiga, recibin onte, as sabrosisimas e “tradicionales” tortas que vostedes tan xentilmente me fan chegar en cada ani-novo. Non sei como lles agradecer esta lembranza garimosa que teñen sempre para min, concretándome a darlle gracias, moitas gracias. Baixo a calor abafante, casi insoportable, de este día, escribo as presentes liñas, que ademais de gratitude levan meus sinceiros desexos de felicidade pra vostedes. Ogallá que os seus tamén se cumplan con respecto a nos, deparándonos axiña as dozuras e descanso da Terra. No meu afán ou “tolería”, penso que tal vez ese miragre pode chegar a producirse...
Non sei si terá recibido unha carta que fai xa moito tempo lle escribin.
Despídome, con un abrazo para os tres, que lles envía con agarimo
Virxinia P. de Castelao
Tipo de material
epistola
Data
04/02/1954
Medidas
1 páxina. Tamaño do PDF: 464 kB optimizado (era 7,2 MB o orixinal)
Localizacións
orixe: Bos Aires
destino: Vigo
Ficha descritiva
[Carta mecanografada]
Localización física
Arquivo Valentín Paz-Andrade