Carta de Virxinia Pereira a Valentín Paz-Andrade (1967) | epistola | Consello da Cultura Galega
epistola

Carta de Virxinia Pereira a Valentín Paz-Andrade (1967)

Valentín Paz-Andrade (Destinatario/a) · Virxinia Pereira Renda (Remitente)
25/02/1967
Buenos Aires, 25-02-1967.
Sr. Don Valentín Paz-Andrade.
Abogado. Policarpo Sanz 22
Vigo.
Benquerido Valentín:
Os Pradas i eu en particular, despois de lamentar sinceiramente a noticia da tua doencia, aledámonos moi de corazón ao saberte “noviño” i en camiño de emprender normalmente as tuas aitividás. Felicitaciós, porque unha tifoidea noné “moco de pavo”, e ti salvácheste dando unha vegada máis evidentes probas da tua inmortalidade...
O máis axiña posible, vai a folla firmada que pasou pol-o control de Prada quén che manda seus cordiás saudos.
E como eu non podo “redimirte” das moitas molestias é persuicios económicos que con este asunto veño “indilgándoche” pois conformate querido Valentín con unha fonda e agradecida aperta da tua vella amiga
Virxinia
Unha grande aperta a Pilar e Alfonso.

Tipo de material
epistola
Data
25/02/1967
Medidas
1 páxina. Tamaño do PDF: 398 kB optimizado (era 7,6 MB o orixinal)
Localizacións
orixe: Bos Aires
destino: Vigo
Ficha descritiva
[Carta mecanograda]
Localización física
Arquivo Valentín Paz-Andrade