Carta de García Sabell a Seoane. 1959 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de García Sabell a Seoane. 1959

Luís Seoane (Destinatario/a) · Rafael Alberti (Mencionado/a) · Maruxa Seoane (Mencionado/a) · Elena Tormo (Mencionado/a) · Domingo García-Sabell (Remitente)
01/08/1959
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF
1-VIII-1959
Sr. D. Luis Seoane
BUENOS AIRES

Querido Luis:

Hoxe, por correo aéreo, envieiche o número de ÍNSULA adicado ás letras galegas. Coido que non saiú mal. Tén, naturalmente, os seus fallos, pro todo o que se podía conseguir está alí. Houbo innúmeras dificultades. Dá ideia delas o feito de que iste número estivo ¡cinco anos! atascado na censura.

Suprimiron unha das tuas ilustraciós, mais esto formou parte da poda xeral que eisixía o axuste dos traballos. Elimináronse moitas fotos e ainda algúns traballos –por exempro o meu– van cercenados.

Teño entre mans moitos proieitos que hei de darte a conocer noutra carta máis longa. O meu discurso de ingreso na Academia Galega causou moita sensación. O aito tivo gran fervenza galega. Paréz que estou denunciado, pro non me importa. Son cousas dos tempos e hai que saber aturalas.

Prohibiuse en toda Galicia a representación do Don Hamlet, por inmoral. Retiraron os exemprares que había nas librerías. E velahí.

Xa me entregaron a película dos teus Murales. Penso proieitala a moita xente e quero facer unha sesión adicada exclusivamente ós rapaces universitarios pra que eisí coñezan máis a fondo a túa espléndida obra.

Moitos cariños de Elena e meus pra Maruxa. Pra tí, unha forte aperta de

Domingo

[Escrito a man]

Moito agradecería, que me enviases as tapas para encoadernar Galicia Emigrante. Quero conservar a coleición.
Faláronme dun derradeiro libro de Alberti. Non teño idea. ¿Podería recibilo adicado?
Tipo de material
epístola
Data
01/08/1959
Medidas
Publicacións
Entidades
Mención: Real Academia Galega
Localizacións
orixe: Nova York
orixe: Doutor Teixeiro, 11
destino: Bos Aires
Ficha descritiva
[Carta mecanografada con firma autógrafa e membrete:] DR. DOMINGO GARCÍA-SABELL/DR. TEIJEIRO, 15/TELÉFONO 1330/SANTIAGO
Localización física
Fundación Luis Seoane