<cite>Farsa das zocas</cite>. Lectura dramatizada / Vídeo. Remoto. Youtube/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Vídeo. Remoto. Youtube

Material

Farsa das zocas. Lectura dramatizada

Descrición
Farsa das zocas é unha pequena peza teatral de Ricardo Carballo Calero (1910-1990) que conta un drama familiar con interese económico como pano de fondo. Este é o texto escollido polo Consello da Cultura Galega (CCG) para a publicación coa que cada ano celebra o Día das Letras Galegas. A edición facsimilar preséntase acompañada dun estudo introdutorio realizado polo profesor da Universidade da Coruña, Carlos Biscainho, a quen entrevistamos para este especial. Ademais, ofrecemos un pequeno agasallo: un vídeo en que Tito Asorey, Melania Cruz e María Vázquez dan vida as personaxes recreadas por Carballo Calero. É moito máis que unha lectura dramatizada, unha aproximación á posta en escena desta peza que nos presenta unha faceta menos coñecida de Carballo Calero.

Ver especial



CRÉDITOS DO VIDEO
Elenco: Melania Cruz, María Vázquez, Tito Asorey; Operadora de cámara e montaxe de vídeo: Lucía R. Regueiro; Asesoramento lingüístico: Rosa Moledo; Agradecementos: Elena Ferro Produción: A Quinta do Cuadrante; Dramaturxia e dirección: Tito Asorey
Metadatos
  • Mencionado/a:
  • Data: 17/05/2020
  • Tipo de material: Vídeo. Remoto. Youtube
  • Ficha descriptiva:
    Vídeo nativo dixital