Conferencia de Paco López-Barxa «D. Xesús Taboada e Ben-Cho-Shey: Amizade e compromiso galeguista», (parte 2 e seguintes) / Vídeo. Remoto. Youtube/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Vídeo. Remoto. Youtube

Material

Conferencia de Paco López-Barxa «D. Xesús Taboada e Ben-Cho-Shey: Amizade e compromiso galeguista», (parte 2 e seguintes)

Descrición
Xesús Taboada Chivite e Ben-Cho-Shey: Unha relación de amizade e compromiso galeguista. Presentación do libro Ben-Cho-Shey inédito de Conferencia e presentación da súa nova obra de Paco López-Barxas: 30 de Novembro.

A través de diversas cartas enviadas por Xesús Taboada Chivite a Ben-Cho-Shey, incluídas no libro de Paco López-Barxas Ben-Cho-Shey inédito, o autor desenvolve algúns dos aspectos profesionais e as preocupacións temáticas de Taboada Chivite, un dos investigadores máis destacados da cultura galega. Unhas preocupacións que centraron gran parte da súa actividade na historia, etnografía e arqueoloxía na comarca de Verín e do Val de Monterrei, aos que ten adicado exhaustivos e numerosos estudos ao longo da súa vida.
A mediados do pasado século, Taboada Chivite, que é once anos máis novo ca Ben-Cho-Shey, amósalle o seu interés pola recuperación de datos etnográficos que irá acumulando sobre a comarca de Verín, facéndoo partícipe da súa pescuda nos arquivos madrileños.
Ben-Cho-Shey, sempre disposto desde a embaixada galega do seu domicilio madrileño, coordina cos representantes da Galicia interior e exterior multitud de iniciativas: solicitudes de colaboración para revistas, programas de radio en Londres, Feiras do Libro en Madrid, seguimento dos libros na Censura, dinamización dos Centros galegos, etc. etc. amais de servir de enlace -como na relación con Taboada Chivite- cos traballos de investigación en curso sobre a comarca de Monterrey.


PACO LÓPEZ-BARXAS (Ourense, 1952) é Licenciado en Literatura Hispánica pola Universidade Complutense de Madrid, cidade na que vivíu durante 21 años vinculado á ensinanza, ó xornalismo cultural e á crítica literaria, tras vivir en Verín prácticamente os primeiros 15 anos da súa vida. Foi Director de Publicacións da Universidade Antonio de Nebrija de Madrid, ao tempo que colabora nos principais periódicos e revistas do país. De regreso a Galicia, en 1991, dirixe o Xornal Diario (Pontevedra), facéndose responsable posteriormente do Gabinete de comunicación do Consorcio de Santiago. Presentou un microespacio de libros en Televisión Española en Galicia e, como Redactor Xefe da Televisión de Galicia, creou o espazo "Palabra de autor/palabra de autora", co que pechaba os informativos diarios. No goberno da Xunta de Galicia foi Director Xeral de Cultura, así como Director Xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos.
Confieso que he leído e A historia de Ramón (sobre a infancia de Otero Pedrayo), son os dous últimos títulos dos máis de vinte libros que leva publicados nos xéneros de ensaio, narrativa infantil e edicións críticas.
Metadatos