Carta de Seoane a García Sabell. 1962 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de Seoane a García Sabell. 1962

Domingo García-Sabell (Destinatario/a) · Claude Debussy (Mencionado/a) · Maruxa Seoane (Mencionado/a) · Luís Seoane (Remitente)
23/01/1962
Buenos Aires, 23 de xaneiro de 1962

Sr. D.
Domingo García Sabell
Santiago

Querido Domingo:

Tiven noticias fai poucos días do fallecimento da tua nai, e queremos Maruja i eu estar presentes contigo e os teus niste intre. Eu conocina fai moitos anos, é posíbel que tí non te lembres, na tua casa, xunto co fato de amigos, non sei si todos, que nos xuntábamos no Café Suizo. Tiñamos ido contigo unha tarde a escoitar música. ¿Cantos anos hay? Quizáis trinta. Tiñamos todos vinte anos ou arredor diles. Tua nai foi pra min coma unha visión silenciosa e chea de encanto, e dende entón quedou na miña lembranza xunguida á música de Debussy que penso escoitei isa tarde por vez primeira.

Quería decirche soio isto ao tempo que Maruja i eu participamos da vosa door.

Unha aperta forte de:

Seoane.
Tipo de material
epístola
Data
23/01/1962
Localizacións
orixe: Bos Aires
destino: Santiago de Compostela
Ficha descritiva
[Carta mecanografada]
Localización física
Fundación Luis Seoane