Carta de García Sabell a Seoane. 1965 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de García Sabell a Seoane. 1965

Luís Seoane (Destinatario/a) · Maruxa Seoane (Mencionado/a) · Elena Tormo (Mencionado/a) · Guillermo Whitelow (Mencionado/a) · Domingo García-Sabell (Remitente)
17/02/1965
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF
DR. DOMINGO GARCÍA-SABELL/C/DR. TEIJEIRO, 11/TELÉFONO 1330/SANTIAGO



17-Febrero-1965
Sr. D.
Luis Seoane
BUENOS AIRES

Querido Luís:

Recibín o Homenaje a Venecia. Penso que é unha das cousas túas máis logradas. Sigues no camiño ascendente. A axeitada medida do teu formidable progreso é a distancia que media entre o Homenaje a la Torre de Hércules e iste derradeiro homenaxe. Xa sei que son obras de distintos alcances pro, con todo e con iso, o senso de progreso que hai entre elas é evidente. O teu prólogo é dos textos máis fermosos que teñas escrito i está moi por riba do poema de Whitelow.
Un distes días entregarei a Galaxia o texto do meu Limiar pro teu libro.
Saúdos moi cordiales de Elena e meus pra Maruxa. Tí recibe unha forte aperta do teu constante amigo e incondicional ademirador

D. García Sabell

[Escrito a man]
¿Cando vos teremos por eiquí?
Tipo de material
epístola
Data
17/02/1965
Medidas
Entidades
Mención: Editorial Galaxia
Localizacións
orixe: Nova York
orixe: Doutor Teixeiro, 11
destino: Bos Aires
Etiquetas
Ficha descritiva
[Carta mecanografada con firma autógrafa e membrete:]
Localización física
Fundación Luis Seoane