Carta de García Sabell a Seoane. 1969 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de García Sabell a Seoane. 1969

Luís Seoane (Destinatario/a) · Rafael Alberti (Mencionado/a) · Maruxa Seoane (Mencionado/a) · Elena Tormo (Mencionado/a) · Vincent Van Gogh (Mencionado/a) · Domingo García-Sabell (Remitente)
01/08/1969
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF






1º-agosto-1969
Sr. D.
Luis Seoane
BUENOS AIRES

Querido Luis:

Adxunto isas breves notas pra cumprir, e con moito gusto, a miña deuda co estupendo D. Vicente Puente Castelao. Desexaría que llas amostres ó interesado, pro que quedes tí con elas como dono incondicional pra que as publiques onde tí consideres máis axeitado.
Non te esquezas do poema autógrafo de Alberti.
Supoño que pronto vos teremos connosco. Fortes e cordiales apertas de Elena e miñas pra Maruxa e pra tí.

Domingo

A direición de D. Vicente Puentes Castelao é: Juan Agustín García, 5924/26. Teléfono: 64-5784. Buenos Aires

[Escrito a man]

Si puidera ser, gustaríame que o poema de Alberti fose o adicado a Van Gogh en A la pintura.
Tipo de material
epístola
Data
01/08/1969
Medidas
Localizacións
orixe: Nova York
orixe: Doutor Teixeiro, 11
destino: Bos Aires
Etiquetas
Ficha descritiva
[Carta mecanografada con firma autógrafa e membrete:] DR. DOMINGO GARCÍA-SABELL/DR. TEIJEIRO, 11/TELÉFONO 1330/SANTIAGO
Localización física
Fundación Luis Seoane