Carta de Seoane a García Sabell. 1970 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de Seoane a García Sabell. 1970

Domingo García-Sabell (Destinatario/a) · Luís Bagaría (Mencionado/a) · Maruxa Seoane (Mencionado/a) · Elena Tormo (Mencionado/a) · Ramón María, del Valle-Inclán (Mencionado/a) · Luís Seoane (Remitente)
23/07/1970
Buenos Aires, 23 de Xulio de 1970
Sr. D. Domingo García Sabell
Santiago


Meu querido Domingo:

Recibín as fotos dos dibuxos de Bagaría. Agradézochos moito, gostaríame tamén ter as léendas, si as tes, pois de reproducilos gostaríame que fose co texto que os acompañaba. Tamén prégoche non esquezas os poemas de Valle Inclán, pois teño moito interés en rematar o traballo encol das suas manifestaciós políticas. Pola miña parte non me esquezo das ediciós de bibliofilos de que falamos, levaréite un plan pra estudiar tan pronto voltemos a Galicia.

Un saúdo moi agarimoso para Elena e pra tí de Maruxa e meu. Tí recibe, ademáis, unha forte aperta de:


Seoane.
Tipo de material
epístola
Data
23/07/1970
Localizacións
orixe: Bos Aires
destino: Santiago de Compostela
Etiquetas
Ficha descritiva
[Carta mecanografada]
Localización física
Fundación Luis Seoane