Carta de Seoane a García Sabell. 1970 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de Seoane a García Sabell. 1970

Domingo García-Sabell (Destinatario/a) · Maruxa Seoane (Mencionado/a) · Elena Tormo (Mencionado/a) · Ramón María, del Valle-Inclán (Mencionado/a) · Luís Seoane (Remitente)
28/09/1970
Buenos Aires, 28 de setembro de 1970

Sr. D. Domingo García Sabell
Santiago


Meu querido amigo:

Recibín fai mais dun mes os versos de don Ramón. Perdóame por non che ter escrito denantes. Fóiseme pasando o tempo entre o moito traballo e a preguiza que ás vegadas ten conta de nós. Pode sere que a preguiza sexa de algún xeito unha especie de meiciña á que me fai falla acolarme nela. Inauguro unha eisposición de óleos o dia 6 do mes que ven, teño outra de grabados en novembro e denantes do fin de ano debo facer un mural, logo pasaremos o vran eiquí e despois retornaremos a Galicia a pasar o mais tempo posíbel. Teño moitas ganas de emprender contigo a editorial de bibliófilos matinando na penínsua enteira, esplícome, incluíndo Portugal. Pode sere moi importante. Vai tí pensando en libros de non moitas páxinas. Eu tamén farei unha lista. Mais xa falaremos desto con acougo.

Unha aperta de Maruja e miña pra Elena e pra tí e os teus:


Seoane.
Tipo de material
epístola
Data
28/09/1970
Localizacións
orixe: Bos Aires
destino: Santiago de Compostela
Etiquetas
Ficha descritiva
[Carta mecanografada]
Localización física
Fundación Luis Seoane