Carta de García Sabell a Seoane. 1972 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de García Sabell a Seoane. 1972

Luís Seoane (Destinatario/a) · Carmen Arias “Mimina” (Mencionado/a) · Pío Baroja (Mencionado/a) · Maruxa Seoane (Mencionado/a) · Elena Tormo (Mencionado/a) · Domingo García-Sabell (Remitente)
27/10/1972
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF
DR. DOMINGO GARCÍA-SABELL/DR. TEIJEIRO, 11/TELÉFONO 581330/SANTIAGO




27-X-1972

Sr. D. Luis Seoane
Buenos Aires

Querido Luis:

Soio duas letras pra comunicar que recibín o paquete coas cousas tuas. Xa estou reunindo, en carpetas, todos os papeles, catálogos, etc, que a tí se refiren.
Mimina operouse e todo resultou moi ben. Agora parez que os problemas conyugales andan unha miga mellor. Ogallá ista melloría se consolide e mesmo se amplíe. Como tí vas vir en Xaneiro, falaremos longo da custión. E dos fillos.
Eu saio mañá pra Madrid. Un Congreso de Meiciña psicosomática encol da Gran Cidade. Teño unha Ponencia. Cando se publique –axiña– remesareina. Despois, noutra xuntanza, participarei nun parladoiro sobor Baroja. Tamén recibirás isto.
Deica pronto. Apertas de Elena e miñas pra Maruxa. E outra pra tí, moi entranable.

Domingo
Tipo de material
epístola
Data
27/10/1972
Medidas
Localizacións
orixe: Nova York
orixe: Doutor Teixeiro, 11
destino: Bos Aires
Ficha descritiva
[Carta manuscrita e membrete:]
Localización física
Fundación Luis Seoane