Carta de Emilio Pita a Lois Tobío Fernández, 1941. | epistola | Consello da Cultura Galega
epistola

Carta de Emilio Pita a Lois Tobío Fernández, 1941.

Lois Tobío Fernández (Destinatario/a) · Arturo Cuadrado (Mencionado/a) · Pedro Fernández Veiga (Mencionado/a) · Emilio Pita (Remitente)
21/06/1941
ROSARIO, 21-6-1941.

Sr. Luís Tobío
Montevideo
---------------

Meu querido amigo e irmán:
Recibín a túa carta, e ainda que pesa encol de mín un trafego extraordinario, non poido menos que compracer ao bó amigo e irmán e tamén aos demais amigos que teño n-esa Casa de Galicia.-
Acompaño estos versiños inéditos por si sirven pra publical-os.- Forman parte do meu "JACOBUSLAND" que creo editará axiña o Cuadrado.- Si prefires outra cousa en prosa, millor que este poema, m-escribes e mándocha.- N-estos tempos estou metido nos papeles encol da nosa música e dos nosos romáticos; si encol d'estos temas atopas algo millor axeitado qu-estos versos non tés mais que ordear.-
Unha aperta forte ao Fernández Veiga: sempre sigue lucazán pra escribir; débeme carta.-
Pra tí e a túa dona, unha cordial lembranza de,

Emilio Pita [sinatura autógrafa]
¡Terra a Nosa!
Tipo de material
epistola
Data
21/06/1941
Entidades
Mención: Casa de Galicia de Montevideo
Localizacións
orixe: Rosario
destino: Montevideo
Ficha descritiva
[Carta mecanografada, con sinatura autógrafa e sen membrete].
Notas
Carta de dúas páxinas.