Carta de García Sabell a Seoane. 1976 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de García Sabell a Seoane. 1976

Luís Seoane (Destinatario/a) · Luis Caparrós Muñoz (Mencionado/a) · Maruxa Seoane (Mencionado/a) · Elena Tormo (Mencionado/a) · Lorenzo Varela Vázquez (Mencionado/a) · Domingo García-Sabell (Remitente)
23/03/1976
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF





23-III-1976
Querido Luis:

Recibín o dibuxo de Caparrós. Xa o ten ele. Entregueillo nunha pequena festa na nosa casa. Quedou tolo de ledicia e sumamente agradecido. Supoño que terá escrito dándoche as gracias.
A mín paréceme un dibuxo espléndido. É difícil de comprender cómo por unha soia foto, e apenas conocendo ao modelo, se pode chegar a isa especie de adiviñación psicolóxica que tí amosas en todas e cada unha das liñas. Por outra banda, é dunha extraordinaria seguridade de trazo. En suma, un novo acerto das túas mans miragreiras.
Xa apereceu, no derradeiro número de Grial, o texto de miña pequena intervención cando apresentei o teu álbum na librería Arenas. Vai co dibuxo da cabeza de Maruxa ao que aludo nas miñas verbas. Díme si precisas que o remita, e fareino deseguida.
Respeito a Lorenzo Varela, descuida. En coanto chegue por eiquí, atendereino como ele se merece. Endemáis teño moitos desexos de escoitalo, de que falemos de tantas cousas interesantes e curiosas como están acontecendo. Gardo do poeta un bó recordo, e arelo anovalo.

[Escrito a man]
Apertas de Elena e miñas para Maruxa. Unha moi fraternal para tí.

Domingo
Tipo de material
epístola
Data
23/03/1976
Medidas
Publicacións
Entidades
Mención: Libraría Arenas
Localizacións
orixe: Nova York
orixe: Doutor Teixeiro, 11
destino: Bos Aires
Ficha descritiva
[Carta mecanografada con firma autógrafa e membrete:] DR. DOMINGO GARCÍA-SABELL/DR. TEIJEIRO, 11/TELÉFONO 592116/SANTIAGO
Localización física
Fundación Luis Seoane