Carta de García Sabell a Seoane. 1976 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de García Sabell a Seoane. 1976

Luís Seoane (Destinatario/a) · Kazimir Maletvich (Mencionado/a) · Hans Memling (Mencionado/a) · Xosé Otero Espasandín (Mencionado/a) · Alexander Ródchenko (Mencionado/a) · Maruxa Seoane (Mencionado/a) · Elena Tormo (Mencionado/a) · Domingo García-Sabell (Remitente)
02/09/1976
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF
DR. DOMINGO GARCÍA-SABELL/DR. TEIJEIRO, 11/TELÉFONO 592116/SANTIAGO


2-IX-1976
Querido Luis:

Non sabes como agradecín as túas verbas, tan xenerosas, tan abertas e tan aleicionadoras. Os amigos, coma tí, axudan a aturar tódalas incomodidades do diario traballo. E as inquedanzas do país. Estamos confusos, inritados, sufrindo inxusticias e malas valoracións. Pro, ¿qué vou eu a contarte a tí que tanto levas apañado pola iñorancia e a mala intención dos demáis?
O que escribiches sobor de Maletvich e Rodchenko é moi bó, e sorprendentemente adiviñador.
Eu aproveitei o mes de Agosto –as miñas vacacións– para dar unha paseata por Bélxica e por Holanda. Os Memling de Bruxas e o Van Eyck de Gante deixáronme estupefacto. O Museo Boymanns-van Beuningen de Rotterdam, que de seguro tí xa conoces, contituie unha mostra sumamente completa do Arte do noso tempo. Matinei moito en tí e na tua obra, en tantos respeitos ben superior a gran parte da que alí se exhibe. E tomei notas que están xa no meu Xornal. En suma, que voltei fortecido, tonificado, e con desexos de traballar. O novo libro de ensaios anda, por ende, a ritmo decente.
Agardo o catálogo da túa nova Mostra. Non deixes de remesalo.
Apertas moi cordiales de Elena e miñas para Maruxa e para tí. E que regresedes axiña. Necesitamos de vós.

Domingo.

[Escrito a man]
Teño carta de Otero Espasandín. Operárono dún cáncer no colon. Está recuperándose. Penso que debías escribirlle.
Tipo de material
epístola
Data
02/09/1976
Medidas
Entidades
Mención: Museo Boymanns-van Beuningen
Localizacións
orixe: Nova York
orixe: Doutor Teixeiro, 11
destino: Bos Aires
Ficha descritiva
[Carta mecanografada con firma autógrafa e membrete:]
Localización física
Fundación Luis Seoane