Carta de Emilio Pita a Lois Tobío Fernández, c.1962. | epistola | Consello da Cultura Galega
epistola

Carta de Emilio Pita a Lois Tobío Fernández, c.1962.

Lois Tobío Fernández (Destinatario/a) · Emilio Pita (Remitente)
00/00/1962
Querido Tobío:
Eiquí deixoche isto, para que poidas engadilo as follas que xa che deixei.
Agardo que sirva.
Agradézoche moito todalas túas atenciós, e perdóame a demora, pero todo foi por cousas alleas a miña millor vontade.
Voltarei por Montevideo dentro duns 15 días. Non puden comunicarme contigo por teléfono.
Deica axiña e outra vez moitas gracias.
Unha aperta de
Pita [sinatura autógrafa]
––––––––––––––––––––––––––––––––––––––––––––
Gárdame ben o Cancioneiro. Gracias
Pita [sinatura autógrafa]
Tipo de material
epistola
Data
00/00/1962
Localizacións
orixe: Montevideo
destino: José Benito Lamas, 2941
Ficha descritiva
[Carta manuscrita, con sinatura autógrafa e sen membrete. Sen data, polo contexto foi escrita en 1962].
Notas
A carta, máis ben unha nota, está moi relacionada con outra carta de Emilio Pita a Lois Tobío con data de 8 de maio de 1962.