Carta de Emilio Pita a Lois Tobío Fernández, 1962. | epistola | Consello da Cultura Galega
epistola

Carta de Emilio Pita a Lois Tobío Fernández, 1962.

Lois Tobío Fernández (Destinatario/a) · Emilio Pita (Remitente)
13/02/1962
13-2-1962.

Benquerido Tobío:
Recibín a túa carta cordial que paso a respostar.
Un sin fín de problemas de traballo e familiares (a morte dun parente, un ataque de parálisis dunha cuñada) me teñen sin vagar para dar remate ao traballo encol da música popular galega, tendo en conta a responsabilidade do mesmo dado o seu destiño.-
No prósimo mes de Marzo, decidín tomarme unhas vacaciós (fai xa anos que non disfroto delas) e aproveitar ese descanso para dar cumprimento a tan difícil compromiso.- Si é posibel que podas agardar para entón agradeceríacho moito.-
A miña xente agradez e retribuie os teus garimosos saúdos aos que engado a miña aperta forte de sempre,
Pita [sinatura autógrafa]

[Nota manuscrita, a lapis, abaixo do texto, escrita seguramente por Lois Tobío]:
Contest. 22-II-62
Tipo de material
epistola
Data
13/02/1962
Localizacións
orixe: Bos Aires
destino: José Benito Lamas, 2941
Ficha descritiva
[Carta mecanografada, con sinatura autógrafa e sen membrete].