Carta de Emilio Pita a Lois Tobío Fernández, 1962. | epistola | Consello da Cultura Galega
epistola

Carta de Emilio Pita a Lois Tobío Fernández, 1962.

Lois Tobío Fernández (Destinatario/a) · Emilio Pita (Remitente)
06/04/1962
6 de Abril de 1962.

Sr. Luís Tobío
Montevideo

Benquerido Tobío:
Dúas liñas para informarche que este fín de semán agardo termiñar o traballo e mandarcho axiña; estou sacando tamén copia dos exempros musicaes que engadirei a algunha ilustración que xa teño arredada e que espero sirvan.
Perdóame a demora; pero con todos estos líos de eiquí, me teñen –no traballo da oficiña– dun lado para outro (tiven que viaxar a Rosario de Santa Fé e Necochea) e polo tanto sin tempo para nada.
Unha forte aperta de,
Pita [sinatura autógrafa]
Saúdos a túa familia.
Tipo de material
epistola
Data
06/04/1962
Localizacións
orixe: Bos Aires
destino: José Benito Lamas, 2941
Ficha descritiva
[Carta mecanografada, con sinatura autógrafa e sen membrete].