Carta de Emilio Pita a Lois Tobío Fernández, 1962. | epistola | Consello da Cultura Galega
epistola

Carta de Emilio Pita a Lois Tobío Fernández, 1962.

Lois Tobío Fernández (Destinatario/a) · Emilio Pita (Remitente)
08/05/1962
8-5-1962.

Estimado Luís:
Esta noite, as 7, cando estaba eiquí traballando, recibín un chamado de Bós Aires, da oficina, para que viaxe enseguida, de xeito que mañán tomarei o primeiro avión da mañán.
Déixoche, as primeiras follas do traballo, para que veas si vai bén; a continuación seguirei coa descripción dos instrumentos –a zanfona, a gaita, etc. e logo unha referencia a cada unha das cántigas populares.
Déixoche tamén o "Cancioneiro Musical de Galicia" xunto con dúas follas onde fago unha lista das canciós que se poden transcribir*, co o número da páxina e o número da canción, agardando que esté todo craro.-
En Bós Aires tratarei de finar axiña ó traballo, si a Providencia me axuda.
Unha forte aperta de,
Pita [sinatura autógrafa]
Prégoche, inda que o considero innecesario, cuidarme o Cancioneiro, para entregarmo nun prósimo viaxe. Gracias.
Pita [sinatura autógrafa]

[Nota manuscrita]: * Xuntamente coas que te deixo, xa transcriptas.
Tipo de material
epistola
Data
08/05/1962
Localizacións
orixe: Montevideo
destino: José Benito Lamas, 2941
Ficha descritiva
[Carta mecanografada, con dúas sinaturas autógrafas (da mesma persoa, o remitente: Pita) e sen membrete. Ao remate da carta hai unha nota manuscrita].