Carta de Emilio Pita a Lois Tobío Fernández, 1962. | epistola | Consello da Cultura Galega
epistola

Carta de Emilio Pita a Lois Tobío Fernández, 1962.

Lois Tobío Fernández (Destinatario/a) · Emilio Pita (Remitente)
13/06/1962
Buenos Aires, 13-6-1962.

Sr. Luís Tobío.
Montevideo

Benquerido Tobío:
Chegou as miñas mans a túa carta tan cordial do día 7, aledándome moito que atoparas axeitado o meu traballo, inda que ben sei que nas túas verbas hai decote exceso de loubanzas para mín.
Podes, dende logo, introducir no traballo as modificaciós de forma e ordeación que atopes necesarias; todo canto tí fagas tén á miña aprobación.
Logo do que xa vín da Historia, estou convencido de que fará "historia" na laboura cultural galega, e neste caso, fora de Galicia.- Por eso que a Terra, e todos nós, débenche fonda gratitude, pola tarefa que botaches enriba de tí.
Teño que voltar por Montevideo, cecais a fíns da semán prósima; agardo poder realizar á viaxe un día de labor para poder verte.
Mentres tanto, e con saúdos garimosos para os teus, recibe unha forte aperta do teu agradecido irmán
Pita [sinatura autógrafa]
Tipo de material
epistola
Data
13/06/1962
Localizacións
orixe: Bos Aires
destino: José Benito Lamas, 2941
Ficha descritiva
[Carta mecanografada, con sinatura autógrafa e sen membrete].