Carta de García Sabell a Seoane. 1978 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de García Sabell a Seoane. 1978

Luís Seoane (Destinatario/a) · Maruxa Seoane (Mencionado/a) · Elena Tormo (Mencionado/a) · Domingo García-Sabell (Remitente)
06/06/1978
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF
DR. DOMINGO GARCÍA-SABELL/DR. TEIJEIRO, 11/TELÉFONO 592116/SANTIAGO


6-VI-1978

Querido Luis:

Somentes dúas liñas para comunicarte que, por diversas razóns, aceptei a invitación do Centro Galego e asistirei iste ano ao Día de Galicia ahí, en Bós Aires.
Estaremos xuntos, e iso é o que máis me anima do viaxe. Como a miña actividade quedará ben programada e non será excesiva, dispondrei de tempo para que falemos e convivamos moitas xeiras bonaerenses. Hai moito de qué tratar. Irá tamén Elena que se atopa francamente mellorada.
É unha ledicia pensar en vós e en nós ahí, xuntos. Espléndido.
Pensamos chegar arredor do día 23. A data de regreso xa non ten urxencia pois o mes de Agosto coincide coas miñas vacacións.
De palabra respostarei á tua derradeira carta.
Fortes apertas de Elena e miñas para os dous,

Domingo
Tipo de material
epístola
Data
06/06/1978
Medidas
Entidades
Mención: Centro Galego. Bos Aires
Localizacións
orixe: Nova York
orixe: Doutor Teixeiro, 11
destino: Bos Aires
Ficha descritiva
[Carta mecanografada con firma autógrafa e membrete:]
Localización física
Fundación Luis Seoane