Carta de Lois Tobío Fernández aos encargados da Audición Radial "Sempre en Galicia" de Montevideo, 1982. | epistola | Consello da Cultura Galega
epistola

Carta de Lois Tobío Fernández aos encargados da Audición Radial "Sempre en Galicia" de Montevideo, 1982.

Manuel Meilán Martínez (Destinatario/a) · Castelao (Mencionado/a) · Lois Tobío Fernández (Remitente)
19/03/1982
19 de marzo de 1982

Audición radial "Sempre en Galicia"
Montevideo

Estimados señores:
En resposta á sua carta do 17 de febreiro hei de comunicarlles que, na miña opinión, os resto do noso Castelao, se han ser trasladados a Galicia, deben repousar no Panteón de Galegos Ilustres, en Santo Domingo de Bonaval de Santiago, no que tamén deberan ser recollidas as cinzas de outras figuras da nosa terra. A cidade que xurdeu arredor dun sartego misterioso que é o cerne e a raigaña da nosa tradición e do noso avencellamento á cultura de Europa debe seguir a recoller e gardar os dos homes que traballaron polo rexurdir de Galicia.
Coas mais cordiais lembranzas para esa audición, na que tiven a honra e o gozo de colaborar en tempos, envíalles unha estreita aperta
[sen asinar]
Tipo de material
epistola
Data
19/03/1982
Localizacións
orixe: Bonetero, 5, 1º
destino: Mercedes, 973
Ficha descritiva
[Carta mecanografada, sen asinar e sen membrete. Destinatario: Audición Radial "Sempre en Galicia"].
Notas
A carta é contestación dunha carta anterior do 17 de febreiro de 1982 asinada polo seu amigo, Manuel Meilán quen era un dos encargados da Audición Radial Sempre en Galicia e fora un dos seus fundadores e colaboradores xunto con Lois Tobío e outros.