s/t | Audio. Voz. Recitado | Consello da Cultura Galega
Audio. Voz. Recitado

s/t

Xela Arias (autoría) · Alba Cid Fernández (recitador/a)
21/03/2021
0:00 / 0:00
Non me conteño,
non me conteño e abato
os cormoráns contra das rochas.

Non
me
conteño
e abato
rochas e cormoráns e abatibles e contidos.

E asómbraste
logo
observando, observando
se os farrapos che corresponden.

Pois se non me conteño...
era sobredose de inferno de contidos,
e abatibles,
e rochas,
e cormoráns inmensos.

De Intempériome
Tipo de material
Audio. Voz. Recitado
Data
21/03/2021
Ficha descritiva
Gravación de audio de poetas recitando