Vente | Audio. Voz. Recitado | Consello da Cultura Galega
Audio. Voz. Recitado

Vente

Xela Arias (autoría) · Tamara Andrés Padín (recitador/a)
21/03/2021
0:00 / 0:00
Aproximaría quizais o meu corpo á túa espera
e ficaría queda,
anicada no recanto silencioso das túas palabras.
A sombra desa man é miña, que veño.

E eu, que son:
asombraría a miña propia risa
se non digo
que tamén amo o baleiro dos desastres que adiviño.

No areal,
as grupas das chalanas fan os ocos.
Enfronte,
a inmensidade non detén os seus avantes.

De Tigres coma cabalos)
Tipo de material
Audio. Voz. Recitado
Data
21/03/2021
Ficha descritiva
Gravación de audio de poetas recitando