Soldados | Audio. Voz. Recitado | Consello da Cultura Galega
Audio. Voz. Recitado

Soldados

Xela Arias (autoría) · Antón Blanco (recitador/a)
21/03/2021
0:00 / 0:00
Porque bebes na fonte das dúbidas, sospeitas.
Porque habíta-la esperanza, sancionas.
Así sabes ti da elevada simetría das batallas.
Así conviñas pola muda da historia.
Que tal ve-la necesaria imposible inocencia dun minúsculo poder calquera?
Abrázome noutra revolución pendente.

Non vou ser soldado.
Poño a man
e cáenme milleiros de causas comúns polos dedos estirados.
Non vou ser soldado.
Sancióna-la mesquindade que os desexos tamén gardan?

Porque se línda-la utopía, atrévete agora e avanza.
Tamén ti ocultas
verdadeiros motivos en risas desencaixadas.
Así que abrázate nesoutra revolución necesaria.

Sería-lo mellor soldado, e mais cantas veces
mórrenche tódalas batallas.

De Boletín galego de literatura, n 11 (1994).
Tipo de material
Audio. Voz. Recitado
Data
21/03/2021
Ficha descritiva
Gravación de audio de poetas recitando