Que lugar | Audio. Voz. Recitado | Consello da Cultura Galega
Audio. Voz. Recitado

Que lugar

Xela Arias (autoría) · Rosalía Fernández Rial (recitador/a)
21/03/2021
0:00 / 0:00
Onde
neve nosa fundida caia.
Onde
aplaque a marea
o noso longo desexo inédito.
Onde
subámo-la uva
encerellada dos ritos o corpo.

Será un fondo de mar de espanto rubio
cos rubís tremendos de sangue e leitos.

¿Haberá lugar de serpe tan branco,
entón, que rexistre a nosa ausencia?

De Dorna,11 (1987)
Tipo de material
Audio. Voz. Recitado
Data
21/03/2021
Ficha descritiva
Gravación de audio de poetas recitando