Creación da Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega na Habana, 1905 | Documento. Artigo | Consello da Cultura Galega
Documento. Artigo

Creación da Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega na Habana, 1905

José Fontenla Leal (Mencionado/a) · Manuel Curros Enríquez (asinante) · Alfredo Nan de Allariz (asinante)
25/06/1905
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF
Por iniciativa do ferrolán José Fontenla Leal creouse na Habana esta asociación co propósito fundamental de "promover la creación en Galicia de una ‘academia’ encargada de velar por la conservación y perfección de nuestra lengua, publicar la ‘Gramática’ y ‘Diccionario’ de la misma (...)". O seu primeiro presidente foi Manuel Curros Enríquez, acompañado na directiva por Ángel Barros e Nan de Allariz. Tras a súa fundación, a asociación iniciou unha campaña na prensa da colectividade para dar a coñecer os seus obxectivos, tal e como vemos neste artigo publicado no xornal Galicia. No mes de xullo dese mesmo ano envíalles cartas a diversos intelectuais das catro provincias galegas instándoos á creación da Academia Galega, que foi constituída o 4 de setembro de 1905 baixo a presidencia de Manuel Murguía. A Academia contou dende os seus inicios e ata ben avanzado o século XX co apoio económico dos emigrantes galegos.
Descrición Artigo de prensa
Tipo de material
Documento. Artigo
Data
25/06/1905
Localizacións
orixe: A Habana, Cuba
Etiquetas
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega