Visita de Ramón Otero Pedrayo a Bos Aires, 1959 | Imaxe. Fotografía | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Fotografía

Visita de Ramón Otero Pedrayo a Bos Aires, 1959

Anisia Miranda (Fotografado/a) · Xosé Neira Vilas (Fotografado/a) · Ramón Otero Pedrayo (Fotografado/a) · Virxinia Pereira Renda (Fotografado/a)
00/00/1959
Ademais de impartir varias conferencias no Centro Galego e asistir a diversas homenaxes que as entidades galegas lle ofreceron durante a súa visita a Arxentina, D. Ramón participou na Feira do Libro Galego, organizada pola editorial e librería Follas Novas, que fora creada por Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda en 1957 co obxectivo de difundir a produción literaria e intelectual galega nas terras americanas.
Na foto aparecen, xunto con Ramón Otero Pedrayo e a súa dona, Virginia Pereira (viúva de Castelao), á beira de Xosé Neira Vilas, e membros mozos da colectividade galega como Perfecto López Romero, Antonio de Brito, Ricardo Palmás, Elsa Fernández, Dora Seco, Carlos Abraira, Pilar Jeremías, Celia Fernández, Anisia Miranda, Muchi Roel e Vidal Pérez Braña, entre outros.
Tipo de material
Imaxe. Fotografía
Data
00/00/1959
Localizacións
orixe: Bos Aires (local)
Etiquetas
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas

Fonte: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. particular de Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda