Carta de Fole a Seoane. 1970 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de Fole a Seoane. 1970

Luís Seoane (Destinatario/a) · Rafael Dieste (Mencionado/a) · Maruxa Seoane (Mencionado/a) · Ánxel Fole (Remitente)
06/05/1970
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF
El Progreso. Diario de Lugo/ Teléfonos: Dirección-Gerencia-Admón: 212232/Redacción y Talleres: 211055/APARTADO DE CORREOS Nº 5/TELEX: 86509



Lugo, seis de maio do ano setenta

Señor don Luis Seoane, La Coruña

Meu querido amigo:

Hoxe recibín a invitación pra inauguración de Sargadelos. Aló penso de ire o domingo. Xa vos veréi e parlicaréi con vós. Hoxe [ven] no Progreso o programa de aitos da inauguración, e remítoche un número.
Que che coste que sinto moitas ansias de ver o mural do Marqués. É algo que me intresa por moitas razós.
A loza de Sargadelos fai por eiquí moi boa impresión. A loza no novo Sargadelos. E tamén os dibuxos. Penso que podedes conseguir un bon mercado drento e fora de Galicia.
Fai moitos anos que non vou por Sargadelos, e cuasemente non me lembro como é aquelo. Mais teño a impresión que me gustóu moito. Tampouco volvín por Cervo, inque paséi moitas veces por San Ciprián istes derradeiros anos...
E qué raro me parce que nos volvamos ver, á volta de tantos anos...
Unha perta i-as miñas agarimosas lembranzas á túa dona.


A. Fole

Xa sei que o amigo Dieste estaba moi ledo na cea dos académicos. Sentín moito non podere asistir.
Tipo de material
epístola
Data
06/05/1970
Medidas
Publicacións
Localizacións
orixe: Nova York
orixe: Progreso, 12 [conc. Lugo]
destino: A Coruña
Ficha descritiva
[Carta mecanografada con firma autógrafa e o membrete:]
Localización física
Fundación Luis Seoane