Emigrantes galegos nun ultramarinos en Bos Aires, ca. 1962 | Imaxe. Retrato. Fotografía | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Retrato. Fotografía

Emigrantes galegos nun ultramarinos en Bos Aires, ca. 1962

Na primeira fila aparecen dúas parellas de mozos emigrantes galegos, naturais do concello coruñés de Val do Dubra, que posan na tenda dunha veciña (no centro) que os reclamou e axudou nos primeiros tempos na capital arxentina. A axuda mutua entre paisanos da mesma parroquia ou concello foi sempre unha constante no proceso migratorio dos e das galegas. Acabados de casar, José e Obdulia inician a súa vida en común nun novo país, cheo de oportunidades para asegurar o seu futuro. Alí traballarán e criarán a súa filla ata o seu retorno a Galicia.
Tipo de material
Imaxe. Retrato. Fotografía
Localizacións
: Bos Aires, Arxentina
Etiquetas
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. particular de Liliana Martínez Calvo