Albaneis galegos traballando nunha obra en Santos, 1953 | Imaxe. Retrato. Fotografía | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Retrato. Fotografía

Albaneis galegos traballando nunha obra en Santos, 1953

01/06/1953
Moitos emigrantes da provincia de Pontevedra chegan a Brasil e alí exercen oficios tradicionais da súa terra, como canteiros, albaneis ou ferreiros. Nos anos 50 o país vive un momento de gran crecemento e desenvolvemento industrial que fai que sexan necesarias a construción de infraestruturas esenciais para o seu despregamento económico. Os galegos traballan neste sector, moitas veces en duras condicións e sufrindo os rigores climáticos, pero con bos soldos que lles permiten mandar cartos ás súas familias en Galicia ou crearen alí un novo fogar.
Tipo de material
Imaxe. Retrato. Fotografía
Data
01/06/1953
Localizacións
: Santos, Brasil
Etiquetas
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega