Ficha consular de calificación expedida no Consulado de Brasil en Vigo, 1954 | Documento. Expediente | Consello da Cultura Galega
Documento. Expediente

Ficha consular de calificación expedida no Consulado de Brasil en Vigo, 1954

22/10/1954
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF
Preciosa, igual que moitas outras emigrantes, chega cos seus dous fillos menores a Brasil reclamada polo seu marido, tal como aparece na ficha consular: "viaja para reunir-se com seu espôso de maneira permanente". O seu concello natal, Santa Comba, é un dos municipios de toda Galicia con maior densidade de poboación emigrada a Brasil. Unha alta porcentaxe das e dos emigrantes galegos asentados en Río de Xaneiro proceden desta zona de Galicia e dos seus concellos limítrofes, Negreira, A Baña e Val do Dubra. A gran maioría dedícase ao sector servizos e á hostalaría, moitos deles como propietarios de negocios hoteleiros, restaurantes, bares e pequenos comercios de alimentación, cos que acadaron unha boa posición económica.
Tipo de material
Documento. Expediente
Data
22/10/1954
Localizacións
: Vigo, Pontevedra
: Río de Xaneiro, Brasil
Etiquetas
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega