Restaurante propiedade de galegos en Río de Xaneiro, ca. 1959 | Imaxe. Retrato. Fotografía | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Retrato. Fotografía

Restaurante propiedade de galegos en Río de Xaneiro, ca. 1959

As e os emigrantes galegos en Brasil proceden maioritariamente da provincia de Pontevedra, quizais pola súa proximidade con Portugal, o que foi creando ao longo do século XX amplas redes migratorias. Nesta fotografía, Francisco (o segundo pola dereita), emigrante das Neves, aparece cos seus compañeiros no restaurante no que traballaba como camareiro en Río de Xaneiro.
Tipo de material
Imaxe. Retrato. Fotografía
Localizacións
: Río de Xaneiro, Brasil
Etiquetas
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. particular de Érica Sarmiento da Silva