Familia galega no seu fogar en Caracas, 1960 | Imaxe. Retrato. Fotografía | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Retrato. Fotografía

Familia galega no seu fogar en Caracas, 1960

00/00/1960
A familia Santamarina emigrou a Caracas en 1953. O pai, nacido en Lugo, exerceu na capital venezolana a súa profesión de xastre; a súa muller, madrileña, era costureira. Xuntos logran unha boa situación económica que lles permite vivir con todas as comodidades e dar unha educación universitaria ao seu fillo, que chegou a ser médico. Aquí posan nun retrato para a familia ante o televisor, algo moi habitual nos fogares venezolanos, así como os electrodomésticos máis modernos, que se importaban moitas veces dos Estados Unidos e que neses anos só podían desfrutar en España as clases máis acomodadas.
Tipo de material
Imaxe. Retrato. Fotografía
Data
00/00/1960
Localizacións
: Caracas, Venezuela
Etiquetas
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. particular de Enmanuel David Santamarina Díaz