Mécanicos galegos traballando en Los Teques, Venezuela, ca. 1955 | Imaxe. Retrato. Fotografía | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Retrato. Fotografía

Mécanicos galegos traballando en Los Teques, Venezuela, ca. 1955

Maximino (á dereita) era natural de Arzúa e emigrou a Venezuela a mediados dos anos 50. Alí traballou como mecánico e condutor nunha empresa de autobuses no estado de Miranda. As boas condicións económicas dos contratos laborais fixeron que moitos mozos galegos decidisen marchar a este novo país de acollida nas preferencias dos e das galegas para emigrar. O grande auxe do petróleo venezolano e, por conseguinte, as posibilidades económicas que se ofertaban no país caribeño fixeron que Venezuela nestes anos fose o destino americano preferido para iniciar unha nova vida.
Tipo de material
Imaxe. Retrato. Fotografía
Localizacións
: Los Teques, estado de Miranda, Venezuela
Etiquetas
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. particular de Armando Cascón