Emigrante galego diante dun pozo petrolífero en Lagunillas, 1961 | Imaxe. Retrato. Fotografía | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Retrato. Fotografía

Emigrante galego diante dun pozo petrolífero en Lagunillas, 1961

01/05/1961
Antonio era contable mercantil e emigrou a Venezuela coa súa esposa en 1959. Ambos os dous eran unha parella moza que iniciaban a súa vida en común nun país que lles ofrecía un amplo abano de posibilidades para medrar laboral e economicamente. Na parte de atrás da foto Antonio escribe: "Foto del petróleo que adquirí en mi paso por el Lago de Maracaibo (me deja una renta de Bs. 6000 diarios)". O desenvolvemento da economía venezolana estaba baseado na explotación petrolífera, que naqueles anos estaba en mans privadas. E, como vemos, os emigrantes que estaban en mellor posición económica podían participar mercando accións nas explotacións e obter grandes beneficios.
Tipo de material
Imaxe. Retrato. Fotografía
Data
01/05/1961
Localizacións
: Lagunillas, estado de Zulia, Venezuela
Etiquetas
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. particular de Pilar Osende Barallobre